Pasar al contenido principal

Os obradoiros de robótica e programación para nenas e nenos hospitalizados do CPEIG e a Xunta, iniciativa galardoada nos Premios de Internet 2025

Premios de Internet 2025

O presidente do Colexio, Fernando Suárez, recolleu esta mañá o premio nun acto celebrado no Senado en Madrid

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Xunta de Galicia acaban de ser distinguidos nos Premios de Internet 2025, convocados con motivo do Día de Internet 2025 (#ddi2025/ #diadeinternet),  que se conmemorará mañá sábado, 17 de maio, baixo o lema "Por unha nova xeración de Internet comprometida coas persoas". Estes galardóns foron entregados esta mañá nun acto celebrado no Senado de España en Madrid no que se recoñeceron os mellores proxectos en materia de Transformación Dixital, Marca Persoal en Redes Sociais, Emprendemento e Investigación e Iniciativas para impulsar a Cidadanía Dixital a través de Internet  con especial atención ao uso da Intelixencia Artificial.

Na categoría de Iniciativas para impulsar a Cidadanía Dixital a través de Internet foi premiado o “Obradoiro de robótica e programación para nenas e nenos hospitalizados”, unha iniciativa que xurdiu froito dun convenio entre o CPEIG e a Consellería de Sanidade. O galardón foi recollido polo presidente do CPEIG, Fernando Suárez. “Quisiera dar las gracias, en primer lugar, al jurado por este reconocimiento; al Segas por su apoyo en el proyecto; a los voluntarios de las empresas y del Colexio, por su implicación desinteresada;  pero sobre todo a los niños y niñas participantes,  porque nos han permitido demostrar, no solo que la tecnología puede ser útil para aprender experimentando y disfrutando, sino también  cómo la Informática nos puede ayudar a conseguir lo más bonito: la sonrisa de un niño, incluso de aquellos  en condiciones tan difíciles como los que están hospitalizados” –manifestou no seu discurso–.

Os obradoiros pretenden ser unha distracción positiva para os cativos ingresados, contribuíndo así á súa recuperación emocional e mental. Celebráronse talleres polos hospitais das distintas áreas sanitarias galegas, nos que se desenvolven actividades como transformar froitas e utensilios de cociña en mandos de xogos de ordenador; ou probar robots con forma de coche ou mascota que mudan o seu comportamento en función do son ambiental, da luz ou da distancia a outros obxectos grazas a sensores integrados. As actividades realizáronse nas aulas infantís das áreas pediátricas dos hospitais públicos galegos. 

Con estas actividades interactivas e prácticas proporciónase unha distracción positiva da situación médica de cada paciente, contribuíndo a facer o ingreso hospitalario máis levadío, xa que a hospitalización é unha fonte de estrés para os rapaces e para as súas familias. Os obradoiros están pensados para desenvolverse en grupo e favorecer a interacción social, aínda que tamén se contemplan sesións virtuais no caso de pacientes que non poidan participar fisicamente nos xogos. Estes talleres están impartidos por empresas galegas do ámbito tecnolóxico a través dos seus plans de responsabilidade social corporativa.

OSZAR »